|
VIGO (GALICIA - SPAIN)
Europa - España - Galicia - Vigo

A CIDADE
Vigo, cidade bañada polo Océano Atlántico, é unha cidade
traballadora, que basea o seu desenvolvemento no porto pesqueiro (o
máis importante de España), a construcción naval, as fábricas de
conservas e as sedes das factorías de PSA Peugeot-Citröen e
Pescanova.
Os
cidadáns de Vigo teñen un perfil, emprendedor, activo e cunha grande
vinculación co deporte. Na cidade acostuman a celebrarse
competicións internacionais moi relevantes como a saída da Volvo
Ocean Race, a Copa do Mundo de Hípica ou , recentemente, o
Campionato do Mundo de Hockey e son veciños da comarca de Vigo
deportistas tan destacados como Óscar Pereiro gañador do Tour 2006.
Vigo posúe un gran dinamismo e unha alta calidade de vida baseada
nunha ampla oferta cultural, un entorno natural privilexiado e unha
gastronomía extraordinaria da que forman parte toda clase de peixes
e mariscos, especialmente as ostras que se degustan na rúa da Pedra.
As
comunicación son excelentes gracias á rede que forman o aeroporto, a
estación de tren, as autovías e autopistas e o porto atlántico.
Entre os activos da cidade destacan:
I. É a cidade con meirande crecemento demográfico de
Europa durante o século XX
II. É unha das tres ciudades máis seguras de España
III. Disfruta da mellor praia do mundo segundo o ranking
de 2007
IV. A cidade está situada nunha fermosa bahía pechada
polas illas Cíes
V. A universidade de Vigo é un dos motores de
dinamización da cidade e está volcada na promoción do deporte como
forma de vida e na organización de acontecementos deportivos.
A INSTALACIÓN
IMD de Vigo. Pavillón das Travesas (Pista central).
Localización: Avenida de Castrelos s/n. VIGO.
Edificio: Construído a principios do século pasado e reformado en
1998 polo arquitecto Don Santiago González García.
Aforo / Capacidade: 3500.
O IMD de Vigo, que
contén as instalación do Pavillón das Travesas, é un pavillón
polideportivo situado en Vigo (Galicia-España).
Está localizado no
corazón da cidade na Avenida de Castrelos, moi próximo á praza de
América. En 1998 foi reformado polo arquitecto galego Don Santiago
González García.
A súa pista
central, na que xogan os equipos Celta VigoUrban e Gestibérica, ten
un aforo de 3500 espectadores.
O pavillón ten 6
salas de reunión, cafetería e a instalación está dotada con pistas
de quencemento de 800 metros cadrados, pista de atletismo, ximnasio,
piscina e pista de hockey.
|